sábado, 4 de marzo de 2017

Debate final (6/2/17)



Con pena porque se remate esta materia chegou o último día de clase no cal fixemos un balance do que vimos durante a andanza desta materia.

No que os coñecementos se refire no meu caso destacaría o scaffolding e que cando falamos de didáctica non debemos de confundir o termo con enfoques metodolóxicos, xa que non son o mesmo. Sen esquecerme claro está de como mestres debemos tratar de ensinar dunha maneira comunicativa e non basada na gramática.

En canto ás competencias, o máis destacable é que debemos de tratar de realizar atractivas para o noso alumnado e que atendan as súas necesidades, é moi importante como mestres que consigamos unha motivación por parte dos alumnos. Non se trata dunha labor doada pero temos que coñecer os nosos alumnos e saber como facelo, diso se trata moitas veces mediante innovación e uso de Tic's e noutros casos con xogos máis tradicionais ou realizando actividades que teñan unha conexión con algo que a eles lles atraia ou interese. En resumo temos que saber como mestres como manexar a nosa aula e facer que os alumnos se sintan cómodos.

Tras un repaso do visto na clase fixemos unha declaración de que puntos dos nomeados anteriormente nos comprometeriamos a levar a cabo como futuros docentes. No meu caso comprométome a facer clases máis comunicativas, atender a todas as necesidades dos alumnos e tentar facer un ensino máis persoanlizado, conseguir que os alumnos se motiven e que todas as actividades levadas a cabo teñan un motivo polo que se realizan para que a aprendizaxe sexa significativa.





Para rematar a clase vimos que medidas poderiamos adoptar para seguir formándonos e aprender na nosa labor como futuros docentes. Entre todas as que vimos en clase, eu destacaría as seguintes estratexias para non quedar estancando e seguir con formación:

  • Ler e consultar blogs de mestres.
  • Apuntarme a cursos de formación.
  • Ler bibliografía especializada.
  • Seguir páxinas sobre didáctica e unirme a comunidades de práctica docente.
  • Solicitar na Xunta proxectos de innovación educativa e poder levar a cabo inercambios con mestres doutros centros.
  • Levar a cabo proxectos e elaborar e actualizar os materiais de traballo adaptándoos ás necesidades do alumnado.
  • E por último pero non menos importante, seguir con este blog e como dixemos a comezo de clase dentro dun tempo leer todas as entradas levadas a cabo para este mestrado.
Sei que aínda estou formándome pero gustaríame que co paso do tempo poida acadar todo o citado nesta entrada e sei que cando o consiga voume sentir moi orgullosa de conseguir o meu soño e de adicarme ó que sempre quixen que é ser mestra e poder transmitir o que sei e traballar con nenos e adultos que me encanta.

Finalmente quería dar grazas polo entusiasmo e por todos os coñecementos e consellos transmitidos  desta materia durante este mes de clases, no cal aprendín máis que en todo o resto do curso. E tamén polo entusiasmo que transmitides como docentes. Un pracer!!

lunes, 13 de febrero de 2017

Debate final (2/2/17)



Pena que rematen as clases desta materia que pasaron voando e nas que puidemos saber como é de preto e de primaria man por mestres a docencia con alumnos de secundaria, ademais de ver diferente material e actividades que empregan nas clases, que non serán moi útiles para as actuais prácticas e por suposto para o noso futuro profesional.


O último día quedouse curto para os diferentes temas que iamos tratar no debate e que eran de interese como futuros mestres. Pareceume moi boa idea que tratásemos temas que consideraban de relevancia para nós e despois ver temas que nos tivésemos en mente e que lles puidésemos preguntar a elas. Un dos temas tratados foi o dos deberes, dende o meu punto de vista si que penso que se lles deben poñer deberes pero sempre na súa xusta medida, e sen que sexan demasiados ou se se trata de actividades máis complexas cando teñan marxe de máis días para preparalas. No caso de inglés penso que se deben mandar actividades de gramática como os drills xa que iso poden facelo eles por si mesmos e non traballar a expresión oral que si debemos de traballar en clase e debido a que tres horas de clase non son suficientes mellor facelo así. Ademais tamén se deberían de mandar de maneira personalizada para aqueles alumnos que teñan que reforzar algunha estrutura. No noso grupo algo que comentamos é que os deberes sexan atractivos para eles e non que o vexan como algo aburrido. No meu caso cando estudei secundaria recordo pasarme tardes enteiras estudando e facendo deberes xa que nos sobrecargaban  e ó mellor tiñamos exame e para ese mesmo día deberes.

Outro dos temas dos que falamos foi as TICS  en concreto o uso do móbil ou no. A verdade é que era un tema que me preocupa bastante se deixarlles usar ou non o móbil, como ben dixeron elas  o problema non está no uso das tecnoloxías senón na xestión da clase como mestre. Antigamente non tiñamos móbil e tamén se buscaban alternativas cando a un alumno non lle interesaba a clase como por exemplo xogar os barquiños ou escribirse notas. Polo tanto, coido que o problema como ben din é do mestre en como el xestiona a clase, que actividades e contidos se ven en clase, como facer para captar a atención do alumnado e que non teñan que coller o móbil ou entreterse con outra cousa xa que lles interesa a clase e son partícipes delas e se lles pasa a hora voando. Si que penso que é útil para usar o dicionario e ver como usalo correctamente e é máis cómodo de usar en formato online.

No que respecta o uso de tecnoloxías en xeral coido que si é útil en inglés para pórlles cancións, o mellor facer un kahoot unha vez ou facer algunha actividade a través das tecnoloxías coas que conte o centro para alternar con xogos con flashcards ou actividades de comunicación ou do libro.





E xa como último tema vimos o tema dos libros de texto dixitais, sobre o cal había diversas opinións, coido que se o libro de texto é doado de usar na pizarra electrónica e conta con un amplo abano de funcións si estaría ben usalo pero de non ser así eu optaría polo libro de papel. Por iso é  tan importante a escolla dos libros de texto do curso e supoño que se pode ver antes de elixir o libro como é o formato dixital. Ademais de que para o uso da pizarra electrónica. ó comezo non debe ser doado cando non tes coñecementos previos de como se usa é probablemente vaias máis lenta nas clases, quedeime sorprendida co feito de que nalgúns casos os mestres non reciben formación sobre iso.

Para resumir como debe de ser un bo mestre deixo está imaxe coas cualidades coas que debe contar:




Para rematar déronnos un kit de supervivencia, un detalle que se agradece moito xa que á hora de facer as prácticas imos estar un pouco perdidos ó comezo e toda axuda é importante, ó igual que todos os consellos que nos destedes ó longo das sesións. Gustaríame dar as grazas  por compartir con nós a vosa labor como docentes de secundaria e de transmitir que hai que ensinar os alumnos de maneira que eles o pasen ben nas clases pero nós tamén.  Grazas por transmitir que realmente vos gusta o que facedes e que se trata dun traballo moi gratificante, xa que tiven profesores cando estudaba que se vía que non lles gustaba traballar niso como ocorre en moitos outros traballos, pero coido que no caso dos mestres a vocación é o primordial que che guste ensinar a nenos e neste caso a adolescentes e transmitirlles os contidos de maneira que eles o pasen ben xa que no caso da ESO non van porque eles queiran, e que ti o pases ben con eles. Foi un pracer!!!!

martes, 7 de febrero de 2017

(1/2/17) Titorías e PMAR

No noso futuro como docentes imos ser titores e penso que como mestres de inglés estaría ben traballar os temas que se deben tratar na hora de titoría e que mellor que facelo usando o inglés para comunicarnos, pero como ben dixo Luz debe ser de acordo mutuo co alumnado.

Se penso nas miñas titorías cando fun alumna, adicabámonos a facer os deberes ou traballos de outras materias ou como moito a traballar aspectos e resolver dúbidas da materia que o titor impartía, algo que penso que non debe ser así pero é máis cómodo iso que preparar material para as horas de titorías.

Antes de nada gustaríame compartir con todos esta gran frase:



Comezamos a sesión cunha actividade na que varios compañeiros tiñan que dicir o seu nome, onde vivían e os seus gustos con palabras que comezasen pola inicial do nome. Despois vimos diferentes exemplos de actividades que poderemos levar a cabo nas nosas aulas como por exemplo aquelas que teñen que ver cos hábito de estudo, unha autoevaluación do mestre e do alumno ou o se horario extraescolar semanal. Unha actividade que me parece estupenda para crear un bo ambiente na aula, que o primordial como mestre é que teñan que facer un comentario sobre un compañeiro co que non se levan ben o un dun amigo que non coñeza todo o mundo, logo como mestre comentalo en clase e teñen que adiviñar de quen se trata, pero sen dicir quen foi o autor do comentario.

No referente a PMAR temos que levar a cabo actividades máis sinxelas é dicir adaptar as actividades que tes para eles porque se trata de alumnos que repetiron mínimo dous anos, moitas veces debido a situacións particulares. Moitos deles por baixa autoestima, problemas de integración social,e tamén falta de hábito de estudo e traballo. O bo destas clases é que o número de estudantes é menor entón vas poder  traballar con cada un deles de maneira máis individualizada, o que si vas ter que ir pouco a pouco e a base de repetir certas actividades varios días. Un punto que aprenden con facilidade é o vocabulario, segundo as experiencias vividas pola mestra, ademais mostrounos algúns exemplos de actividades feitas por ela. As actividades que son mecánicas e de repetición funcionan ben xa que senten que co tempo saben facelo e failles sentir que o fan ben, con estos alumnos é moi importante reforzar as cousas que fan ben máis para que a súa autoestima mellore e a maiores crear un hábito de traballo na aula.

Cando rematamos a clase a verdade é que me quedei pensando de alumnos que viven estas situacións nas que moitas veces eles non teñen a culpa, senón que o entorno que os rodea non é favorable, non contan con axuda para as tarefas ou teñen familias desestruturadas e problemas graves e iso inflúe nos seus estudos. Como ben dixo a mestra conseguir que os alumnos aprendan o básico na materia de inglés e que non abandonen os estudos é un traballo moi gratificante e debe ser un sentimento único, ver como o final aínda que non lograsen estudar un grado conseguiron non deixar os estudos e facer un ciclo ou conseguir un bo traballo.


(1/2/17) CLIL e auxiliares de conversa

Esta sesión estivo impartida polas dúas mestras, as primeiras dúas horas falamos do método CLIL no cal participa Ana dende fai anos como coordinadora ademais de falar dos auxiliares de conversa.

Comezamos a clase cun warm-up que trataba de gustos, na cal a clase se tiña que colocar dun lado da aula ou doutra segundo as súas preferencias e falar cos compañeiros do tema que mencionase. Algunhas das opción era té ou café, verán ou inverno, coche ou moto entre outros e tiñamos que dicir que preferiamos e porque.



Anteriormente xa viramos noutra materia este tema pero a verdade tratáramos máis ben a teoría, sen embargo nesta sesión centrámonos realmente na práctica e como se leva a cabo. En Galicia o método CLIL, ou AICLE en castelán, é o que se coñece como sección bilingüe nos centros, é dicir que se imparten outras materias en inglés a maiores da propia materia de lingua inglesa.

Para isto queda claro que como mestres de lingua inglesa imos ter que traballar dende a aula contidos relacionados co método CLIL para servir de apoio e traballar estruturas e vocabulario específico co alumnado e tamén para axudar ó profesorado. O obxectivo é que os alumnos aprendan novos conceptos comunicándose, predomina a expresión oral antes que a estruturas de gramática, polo tanto debemos ter máis presente a fluidez e non tanto o uso da lingua.

No que respecta ós auxiliares de conversa que se lles concede ós centros penso que xogan un papel moi importante e de útil axuda xa que se pode repartir a clase, e metade da aula estaría co docente e a outra metade co auxiliar, algo que fai que poidamos traballar de maneira máis persoal e con menos a alumnos e así favorecer a función comunicativa e poder tratar de cerca con todos. Ademais de que así tamén se familiarizan cos diferentes acentos e contan cun falante nativo que fai que se sintan motivados xa que se ven que os entenden e que eles entenden motívanse cada día máis e perden ese medo de falar noutro idioma. Aínda que, como ben falamos na aula, depende moito da persoa que teñas como auxiliar e de como traballa ela e que experiencia ten.

A verdade é que nesta clase vimos realmente como funciona de primeira man a metodoloxía AICLE e como se traballa, ademais de contarnos varias anécdotas. Que pena que xa quede menos para que se acaben as sesións desta materia.

jueves, 2 de febrero de 2017

(31/1/17) Expresión escrita

Na sesión deste martes a actividade de warm-up fixémola nós presentando ante o resto da clase a actividade que pensaramos para levar a cabo cunha foto como documento a partir do cal deseñariamos a actividade de clase.





Como dixemos en anteriores sesións todo o que facemos na aula debe ter un propósito e unha razón para levarse a cabo. No que á expresión escrita respecta temos que tratar de buscar un fin entretido para eles e que lles chame para que así escriban porque se lles mandas escribir en inglés sen máis non o van facer. 

Unha das posibilidades é que escriban cartas a outros alumnos de centros de lingua inglesa para un programa de intercambio do centro ou por exemplo para revistas ou blogues do centro nos que eles fagan un artigo en inglés. Un exemplo de actividade que mencionou a mestra que lles escribisen unha redacción na que falen sobre eles, os seus coñecementos de inglés e que van facer nun futuro paréceme que está moi ben para coñecer o teu alumnado, de feito eu para a Escola de Idiomas tivera que facer algo parecido falando sobre min, que estudara e porque decidira ir a clases.

Outro dos casos nos que poden traballar a expresión escrita e contar historias e botar imaxinación ben sexa cunha canción, a partir dun vídeo, periódico ou calquera outro material que previamente seleccionemos. Con respecto isto podemos coller un mesmo material que nos valga para os diferentes cursos, só teremos que cambiar a maneira de traballalo nuns cursos e noutros, por exemplo darlles máis información e completar ocos ou ordenar unha historia nos primeiros cursos e xa nos últimos que sexan eles quen nos conten a historia.

Un libro que serve como guía para realizar actividades nas que se traballe a expresión escrita é o Minimax, de feito Luz fixo en clase dous exemplos do libro. O que máis me chamou a atención foi o dos cinco sentidos xa que ós alumnos lles vai resultar interesante a idea de cerrar os ollos e pensar no seu lugar ideal no que lles gustaría estar, e unha vez que escriban o que se pide xa teñen a base para realizar unha pequena redacción en inglés. Ademais de que me gustou moito a actividade coa canción de Cranberries na que tiñan que escribir unha historia co que lles suxiría o vídeo, pode ser porque son unha apaixonada da música e creo que vou usar moito as cancións nun futuro para diferentes actividades,

dreams

Outro aspecto que tratamos foi o da avaliación, sen dúbida unha das labores de máis responsabilidade para un mestre e da que non falaramos no máster antes de ter esta materia. Dende  que vimos exemplos de exames e de rúbricas quédame un pouco máis claro o das rúbricas, que só viramos por riba na materia de Innovación, a rúbrica debe de ser sinxela e clara tanto para o mestre como para o seu alumnado, ademais de que se debe ensinar ó alumnado para que saiba que aspectos se van avaliar e poder ter iso preparado para os exames. Á hora de elaborar o exame o mestre debe de por exercicios doados e outros máis difíciles para aqueles que queiran acadar unha mellor nota e non só un 5.

Opino coma ela penso que o alumnado se lles debe ir facendo probas cada certo tempo ou por temas para ver como van indo e non só facer un exame final da materia, porque nunha soa proba non se pode avaliar a un alumno porque pode  haber factores externos que inflúen  como porse máis nervioso por xogarse todo nunha soa proba ou non ter un bo día por exemplo.

miércoles, 1 de febrero de 2017

(30/1/17) Avaliación nas aulas de lingua estranxeira

 A clase deste luns centrouse na avaliación, unha das labores máis delicadas e de maior responsabilidade dun mestre. Se penso como alumna nos mestres que tiven seguro que recordo algún que non era xusto coas correccións, ou que non nos daba os criterios de avaliación con anterioridade da realización das probas. 






Ó comezo da clase fixemos unha actividade en grupos de catro na cal tiñamos que quedarnos con tres aspectos negativos sobre a avaliación de mestres que nos tiveramos, coido que é unha moi boa práctica porque como futuros docentes debemos evitar aprender das cousas malas de mestres que tivemos e tomar como referencia as boas.

Posteriormente vimos cales son os principios básicos á hora de avaliar os alumnos, validez, fiabilidade e factibilidade. Se miro ó pasado, penso en moitos casos nos que os mestres non tiñan claros os principios á hora de avaliar, xa que nalgunhas ocasións tiven exames nos que poñían contidos non traballados na clase ou que dicían que non entraban no exame, ademais de que era demasiado longo para o tempo de exame que nos tiñamos, é dicir non era factible. Penso que non debe ser tan difícil facer unha proba para ó alumnado de acordo cos contidos da clase e que se axuste ó tempo requirido para a proba. Outro aspecto importante é o de que se tes dous exames do mesmo nivel que deberían levar a mesma nota, debes facelo e non dar máis ou menos puntuación porque un sexa máis simpático ou se leve mellor co mestre.

En canto ó momento no que se debe avaliar considero que se deben de aplicar tanto a formativa, como a inicial e a sumativa, no meu caso cando estudei a ESO non tiven probas para ver ó comezo de curso con que nivel contabamos, algo que coido que é imprescindible para saber o nivel do alumnado e que é o que vas a ter que traballar na túa materia. Logo vimos como facer listas de control, rúbricas e  follas de observación, para iso o mellor e elaborar unha propia marcando uns puntos principais e a partir de aí ir avaliando.

No caso dos idiomas, algo no que van mellorando co paso do tempo é no de non avaliar só a gramática, senón tamén a expresión oral e a produción escrita. No caso da expresión oral se non podes gravar ós teus alumnos o mellor é que teñas unha ferramenta ben sexa rúbrica ou lista de control para poder tomar notas sobre os criterios que coidas que debes de avaliar, ben interactuando por parellas ou facéndolle ti as preguntas. Á hora de corrixir unha produción escrita dos alumnos un bo método é que lle marques os erros e lle poñas uns códigos que serán dados nunha folla ó comezo do curso e explicados, e posteriormente eles deben de corrixilos e volver entregalo. Eu contei cunha mestra na EOI que o facía e penso que me foi moi útil e é unha boa maneira de aprender do erro e non que xa cho dean corrixido.

Desta clase co que me quedo e con que non é o mesmo corrixir, que avaliar ou cualificar, non son sinónimos senón que se usan en diferentes contextos. 

martes, 31 de enero de 2017

Actividade en grupo baseada nunha imaxe


Aquí vos queda o link no cal podedes ver a actividade que plantexamos no noso grupo baseada nunha fotografía. Trátase dunha foto dunha casa octogonal algo que  aquí non é común, polo tanto vailles chamar a atención ademais de que van ter que descubrir porque poñemos unha casa e que relación ten co mestre.

actividade

A parte de todo o que xa mencionamos no documento, eu faría un posterior debate en clase no cal falaremos sobre as súas opinións de compartir piso ou vivir nunha residencia cando vaian estudar á universidade. Como ben dixemos nas aulas a un alumno non o podes poñer a debater sen máis polo tanto teriamos que traballar previamente estruturas que usen para dar opinións. Para traballar o vocabulario ocorreseme a idea de facerlles preguntas con Have you ever been sobre eles ou sobre alguén cercano, como por exemplo se compartiron habitación nalgunha excursión, ou alguén cercano que cando estudase compartise piso, entre outras, así podemos mencionar nas preguntas o vocabulario co que poderían traballar. Xa cando debatan poñelos primeiro por parellas e logo por grupos. 

Outra cousa que poderiamos facer coa primeira parte da historia é un dictogloss, porque o contarnos a historia principal recordanse mellor, que no caso da segunda parte porque nos conta a historia destas casas.